Etiqueta: AUDICIÓNS

  • OS DERRADEIROS TROLLS!!!

    Para dar por rematado o traballo coa melodía “Na gruta do rei da montaña” aquí vos deixo os debuxos dos nenos de 3º.

    FIXERON UN GRAN TRABALLO!!!. Clicade na imaxe de Grotus para velos.




  • TROLLS E MÁIS TROLLS!!!

    Os nenos de 5 anos quixeron debuxar as aventuras de Peer Gynt dentro da gruta do rei da montaña. Aparecen moitos trolls e os debuxos son chulísimos. A ver se vos gustan!!!




  • A MAÑÁ


    “A mañá” é a peza que abre a Suite nº 1.

    Os instrumentos de vento madeira son os protagonistas na exposición do tema. A intensidade vai aumentando no desenrolo da obra, ata alcanzar un forte que quere indicar a saída do sol soando con forza os instrumentos da familia da corda frotada.

    Está escrita nun compás ternario e o tempo é allegretto pastorale.


    Aquí vos deixo a partitura para que vaiades practicando.



    Se queredes unha axudita para ler a partitura clicade na foto.


  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    A obra de Edvard Grieg, “PEER GYNT” está formada por dúas Suites e esta peza é a derradeira da Suite nº 1.

    Representa a entrada de Peer na gruta onde vive o rei da montaña rodeado de monstruos e trolls.



    Ten dous temas que se van alternando e repetindo nun proceso de accelerando e crescendo ata chegar a un fortissimo piú vivo.

    Aquí vos deixo a partitura coa adaptación da melodía para que vaiades practicando. Máis adiante porei a partitura completa con todos os acompañamentos.




    Tamén vos deixo un texto para recitar coa música.

    Con coidado vou a entrar, vou a entrar, vou a entrar. Esta gruta é perigosa, podo esvarar.

    Monstruos, gnomos, duendes, trolls. Duendes, trolls, duendes, trolls. Monstruos, gnomos, duendes, trolls, pronto sairán.



  • XOGAMOS?

    Queredes xogar con Grotus?

    Grotus preséntanos un xogo sinxelo, para ir quentando, sobre o vídeo no que vimos á orquestra interpretar “Na gruta do rei da montaña”.