Seguimos traballando coa obra de Antón Fraguas e co disco de Xoán Curiel, cunha canción con moito ritmo, "Quen me dera en Insuela", lugar onde atopamos a casa natal do escritor.
Quen me dera en Insuela un pedaciño de terra, para ir botar a iauga e pasearme por ela. Quen me dera verte sempre algún día cada mes, unha vez cada semana e un día de cada vez. Lerelele.. Quen me dera ter a min a gargantiña dun galo, cantar como un reiseñor, falar como un papagaio. Quen me dera estar tan alto/a como a estrela do norte para ver o que se pasa en Pontevedra esta noite. Lerelele… Toca, pandeiriño, toca, se non heite de rechar, que me custaches os cartos, axúdamos a gañar. O pandeiro toca ben, as ferriñas danlle o son, as meniñas que o tocan elas de Insuela son. Quen me dera ser a rula, a ruliña do sertón, para facer o meu niño dentro do teu corazón. Quen me dera ser a rula, a ruliña do sertón, o meu niño xa está feito dentro do teu corazón. Lerelele… Preme no reproductor para escoitar a canción. |