FEIRA MEDIEVAL

A Feira Medieval chegou ao seu fin e xa estamos de novo na nosa época. Os dous días de volta ao pasado foron fantásticos e o cole estaba precioso. 

Dentro de todas as actividades que se fixeron, na aula de música tiñamos dous importantes traballos: poñer un posto de venta de instrumentos feitos con material de refugallo, do que se encargaron os nenos de 1º e 2º, e dar un concerto medieval, que fixeron os de 3º, 4º. 5º e 6º.

As dúas actividades foron un éxito e no concerto ata nos pediron "bises".

Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo que fixemos.


XOGO DE TRONOS

"Xogo de tronos" é unha famosa serie con moitos seguidores en todo o mundo.

A obra está ambientada nun mundo imaxinario onde sete reinos e varias familias loitan por ocupar o trono de ferro. Este mundo imaxinario poderiamos situalo nunha época parecida á medieval e ao igual que coa novela "O señor dos aneis" imos adentrarnos neste máxico mundo coas nosas mellores galas medievais.

Aquí vos deixo varios vídeos e a partitura coa melodía que imos traballar no 2º trimestre. Xa sabedes que todavía seguimos atrapados no medievo!!!







 Ata os Simpson se atreven con esta obra.

 


O SEÑOR DOS ANEIS

"O señor dos aneis", película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o "Anel único" e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Senor Escuro, Sauron.

Poderíamos situar esta novela nunha época similar á medieval, e como no 2º trimestre seguiremos atrapados nesta época imos traballar cunha melodía da banda sonora da película.




Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades estudiando.


A TOCAR E A DANZAR!!!

Ola chicos de 1º, como me pedíchedes aquí vos deixo a melodía medieval coa que estamos bailando e tocando. 

Clicade no castelo para escoitala e prestade moita atención ás bandeiras que aparecen.

Saberiades dicirme que significan??? Teredes que contestar despois de escoitar a música.