Fai algunhas semanas apareceron no chan do colexio unhas extrañas pegadas.
Estaban no corredor do 1º piso e parecía que ían cara a clase de música.
Non sabiamos a quen podían pertencer eses pés tan extraños.
Ao cabo duns días apareceron uns sobres pegados nas cadeiras da aula de música, con diferentes pistas.
Abrimos os sobres, seguimos as pistas e atopamos diferentes cousas por todo o colexio.
As pistas leváronnos a unha chea de cousas diferentes:
Todo era moi interesante e dimos diferentes ideas sobre quen era ese personaxe tan extraño, pero non chegamos a ningunha conclusión.
Cando fumos a clase música a seguinte semana, apareceu unha mensaxe misteriosa.
Abrímola e vimos que era unha carta que nos mandaba un troll chamado Grotus, que quería xogar connosco.
Grotus explicábanos todo na súa carta!
Pois... xogaremos con el! escoitaremos a música da que nos fala e aprenderemos moitas cousas sobre a historia de "Peer Gynt".