Impresionante a participación dos escolares no Contacontos Musical

O pasado mércores 15 e o xoves 16 visitamos dous centros educativos co gallo do día das Letras Galegas para celebrar a nosa língua co espectáculo Contacontos Musical, e alucinamos coa participación dos escolares do Ceip Ponte Carreira do Concello de Frades e do Ceip Oza dos Ríos do Concello Oza-Cesuras. 

A participación no contacontos por parte dos rapaciños é sempre moi activa, mais nesta ocasión á segunda vez que os rapaces escoitaban unha melodía... xa a estaban a cantar!! Repetiron todo o que lles soaba, respostaron ás preguntas, resolveron as adiviñas e incluso cantaron o que non adoita cantar o público. Que ben o pasamos! 

O próximo mércores 22 viaxaremos ata Valdoviño para visitar un cole que xa nos ten acollido con agarimo en ocasións anteriores, o Cpi de Atios.


O Contacontos Musical con linguaxe de signos

Onte actuamos para os escolares do CRA de Narón no Local social "Os Irmandiños" de O Val. Foi un día moi especial para nós porque tivemos a oportunidade de compartir os nosos contos co alumnado con discapacidades auditivas grazas á fantástica labor de Lorena María García, intérprete de linguaxe de signos.

Aquí vos deixamos un par de fotos da actuación de onte na que se pode observar a Lorena na marxe dereita desenvolvendo a súa labor de intérprete. 



Grazas ao CRA de Narón pola súa invitación, a César e Susana pola súa amabilidade para connosco e, por suposto, moitísmas grazas polos agasallos! Por certo, as "Maruxas de nata" estaban tan boas que ao chegar a casa volaron!!



Próxima parada de Musicreques no CRA de Narón

O pasado venres o pasamos fenomenal cos rapaciños de Ourense. Estivieron moi activos e participativos no noso Contacontos para bebés: cantaron, bailaron, deron palmas, moveron os axóuxeres ao ritmo da música e aprenderon un montón de cousas!

Musicreques no Contacontos Musical para bebés

A próxima parada nesta semana será no CRA de Narón para facer unha sesión para escolares do Contacontos Musical. Estamos a desexar que chegue o mércores.