Agora que xa podemos utilizar a frauta, aínda que sexa no patio do colexio, os frautistas principiantes empezaredes coa canción "Rondín Picotín".
Despois de estudar a partitura collede a vosa frauta e A TOCAR!
Un coñecido poema de Álvaro Cunqueiro convertiuse nunha canción cando Luis Emilio Batallán lle puxo música.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Ten aires de frol recente,
cousas de recén casada. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Traballaremos coa versión que fai Milladoiro, na voz de Rosa Cedrón.
As nenas e os nenos de 4 anos están investigando sobre como se forma o ARCO DA VELLA.
Utilizando as cores que aparecen neste fenómeno tan espectacular construiron un instrumento musical con vasos de cristal, nos que botaron diferentes cantidades de auga con colorante.
Teñen as cores do arco da vella formando un bonito instrumento.
Pepiño enterouse disto que fixeran os nenos e quere agasallalos cunha canción que todos coñecen para que podan tocala no seu "VASÓFONO".
Moitas grazas Pepiño, seguro que lles encanta!