¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.







UN ARCO DA VELLA MUSICAL


As nenas e os nenos de 4 anos están investigando sobre como se forma o ARCO DA VELLA.


Utilizando as cores que aparecen neste fenómeno tan espectacular construiron un instrumento musical con vasos de cristal, nos que botaron diferentes cantidades de auga con colorante.


Teñen as cores do arco da vella formando un bonito instrumento.


Pepiño enterouse disto que fixeran os nenos e quere agasallalos cunha canción que todos coñecen para que podan tocala no seu "VASÓFONO".


Moitas grazas Pepiño, seguro que lles encanta! 








O MISTERIO DO CADRO DESAPARECIDO



Como se achega a celebración do DÍA DE ROSALÍA, na aula de música estamos traballando cun poema da autora chamado "Xan"ao que puxo música Uxía Senlle. 


A canción é tan bonita que Pepiño e Sargantana namoráronse de Rosalía e quixeron coñecela mellor. Para iso decidiron, esta fin de semana, facer unha viaxe ata a CASA MUSEO DE ROSALÍA.


Alí visitaron todas as estancias da casa e o fantástico xardín. 


Gustoulles todo moitísimo, pero o que máis lles impresionou foi o retrato de Rosalía que había na súa habitación. Era precioso!


Cando xa marchaban atoparon na porta á un policia que lles informou de que o retrato de Rosalía acababa de desaparecer.


Pepiño e Sargantana dixéronlle que eles, coa axuda dos nenos do colexio Cruceiro de Vilalonga, poderían axudar a buscalo. O policia aceptou a súa axuda, xa que era moi importante atopar o cadro desaparecido.


COMEZA A AVENTURA!


LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía", e durante este mes traballaremos cun poema pertencente ao libro "Follas Novas".


A cantante Uxía Xenlle editou un libro-disco poñendo música a diferentes poemas de Rosalía de Castro, titulado "Rosalía pequeniña".


Traballaremos coa canción "Xan", pero antes coñezamos un pouquiño máis a Rosalía coa seguinte canción.





E agora imos co poema titulado "Xan".




Acompañaremos esta canción con cunchas de vieira.





TERRA

 


TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.


Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.


Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.


O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.


Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.


O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada "TERRA".


A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.


De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.


Vexamos o vídeo oficial da canción "Terra".



Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.