EU NON SEI


Cantaremos e tocaremos esta canción galega utilizando instrumentos de placas e instrumentos tradicionais.

Déixovos aquí a letra.

Eu non sei que pasou no muiño,
eu non sei que debeu de pasar.
Desde entón Maruxiña esta triste, 
desde entón non fai máis que chorar.

Cantaremos a versión tradicional e faremos tamén unha versión rap que sexa, pero que moi marchosa.

Aquí está a partitura.




APRENDIZAXE COOPERATIVA

Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.

Co alumnado de cuarto utilizei a estrutura de "folio xiratorio", no noso caso "partitura xiratoria", para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.

O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.



APRENDIZAXE COOPERATIVA

Durante este curso estou levando a cabo algunhas estruturas de aprendizaxe cooperativa.

Estas dinámicas de traballo favorecen a interacción positiva entre os alumnos xa que deben traballar xuntos, axudarse entre eles e aprender uns dos outros

En este segundo trimestre os alumnos de 5º e 6º estiveron facendo ditados rítmicos utilizando a estrutura de "folio xiratorio".

O alumnado está distribuido en grupos e dentro de cada grupo cada alumno ten que escribir un compás cunhas determinadas características. Os demais membros do grupo deben dicir se o compás é correcto e por tanto pode escribirse no folio do equipo. Mentres tanto o folio non poderá pasar ao seguinte membro do grupo. Cando os equipos rematan cada alumno debe ditar o compás que escribeu aos compañeiros dos outros grupos.





TOCAMOS RITMOS E MELODÍAS!


Os nenos de 2º estiveron experimentando coas negras e coas brancas e compuxeron diferentes ritmos utilizando estas figuras musicais.

Para rematar a actividade cada clase construiu un ritmo xigante que todos tocaron.

Quedou moi chulo!



Despois de xogar cos ritmos traballamos con un dos instrumentos favoritos dos nenos, as campás afinadas, para poder construir melodías.

Estiveron distribuidos en dous grupos e combinando figuras e notas musicais conseguiron unhas melodías moi bonitas.