A LANCHIÑA DO FLAMENCO

MUSICREQUES presenta un novo conto musical para CONTAR e CANTAR.

"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que os máis pequenos poderán coñecer moitos animais da selva.

Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, máis o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate.

Serán demasiados animais para esa lanchiña?

Caberán todos?

Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.




FANTÁSTICO CONTO MUSICREQUES!


Comezamos a andaina polos coles

Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

   *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
   *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
   *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
   *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
   *  Febreiro: CEIP a Laxe
   *  Marzo: CEIP Isaac Peral
   *  Abril: CEIP de Esteiro
   *  Maio: aínda por determinar

A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de "A tola de Lola", "Pío e Pía", "O caracol viaxeiro", "A chicharra Dora", "A lanchiña do flamenco", "A galiña Carmiña" e "Contamos emocións".

Podedes seguir a Musicreques no Facebook

Coñecedes a nosa páxina de Facebook?


No Facebook, ademáis de compartir as novas que colgamos no blog, tamén informamos dos cambios de datas nas actuacións, novos proxectos, etc. Se quererdes estar á ultima da actividade de Musicreques e non perdervos nada, recomendámosvos que vos fagades seguidores.

Adiantámosvos que pronto compartiremos novas dun novo proxecto de Musicreques. Esperamos que vos guste tanto como os anteriores!