Seguimos traballando cos poemas de Manuel María publicados no libro "Os soños na gaiola".
"O lume novo" lévanos a unha festa ancestral, a noite de San Xoán, que coincide co solsticio de verán.
Esta festa é unha das máis populares en Galicia e leva asociados unha serie de rituais de caracter máxico ou supersticioso. Un deles son as fogueiras ou cacharelas que se prenden na tarde-noite do día 23 e arden mentres que os veciños comen, beben, cantan e bailan ó redor delas ou ben as saltan para quitar o meigallo.
Tamén existía o costume de afumar o gando na noite de San Xoán para protexelo do meigallo. Para iso fan andar ó gando ó redor ou entre as fogueiras para que lles dea ben o fume, ou ben cando so queda o borrallo fan que o gando o pise.
Manuel María neste poema recolle estes ritos. Aquí vos deixo a letra e se clicades na fogueira podedes escoitar a canción.
Manuel María neste poema recolle estes ritos. Aquí vos deixo a letra e se clicades na fogueira podedes escoitar a canción.
Hoxe é o lume novo, noite de San Xoán. As ledas fogueiras acesas están! (BIS) (ESTRIBILLO) Que gusto, rapaces, saltar as fogueiras, dar brincos, rebrincos e pinchacarneiras! ESTRIBILLO Que gusto, rapaces, correr e saltar, dar brincos e pulos, volver a brincar. ESTRIBILLO Que gusto, que ben saltar as fogueiras coas chamas subindo, medrando lixeiras. ESTRIBILLO | Á mañá, o borrallo terase apagado. E sobre el despacio, pasará o gado! ESTRIBILLO Pasará o gado tripando o borrallo para que non o pille o mal do meigallo! ESTRIBILLO |