Aínda que non é unha noticia musical, sempre é un orgullo que os nosos alumnos/as acaden premios e sintan que o seu labor ten unha recompesa.
O 8 de maio de 2012 reuniuse o Consello Municipal de Cultura, presidido pola concelleira Silvia Díaz, en sesión extraordinaria, para fallar o XX Concurso literario Xaime Illa Couto. Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de libros e 70 euros). Os nosos gañadores: Alejandro Blanco Costas, Nerea Oubiña Viñas e Antía Vázquez Corredoira. Parabéns!!
Recorte de prensa recollido hoxe 18 de Maio de 2012 no xornal "Faro de Vigo"
Pincha na imaxe para ampliar.
Pincha na imaxe para ampliar.
Antía, a terceira pola esquerda, Nerea a cuarta pola esquerda e Alejandro no centro, vestido de gris.
Unha aperta!
O.