Xa saíu publicada a resolución do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e podemos dicir que a nosa proposta de actividade de música e monicreques "As aventuras de Quebranoces" tivo moi boa acollida. Nos próximos meses poderédesnos ver nas localidades de Abegondo, A Capela, Neda, Santiago de Compostela, Ribadeo e O Vicedo. Publicaremos no blog as datas, lugar e hora das actuacións, para que podades achegarvos e ver o concerto se o desexades.
Temos tamén previstas moitas outras actuacións dentro da rede Cultural da Deputación, das que vos informaremos en breve, e que nos levarán por toda a provincia de A Coruña.