Os nenos e nenas do CEIP Mesón do Vento celebraron o pasado venres 16 de maio o Día das Letras Galegas e o fixeron disfrutando das "Aventuras de Quebranoces".
Alí, coñecimos ás profes Lucía e Ana que nos acolleron con moito agarimo e nos axudaron na montaxe do noso equipo e na colocación da pantalla das diapositivas. Unha vez todo preparado... comezou a función!
Os nenos, tanto os pequeniños de Educación Infantil coma os de Primaria, estiveron moi atentos ás ocurrencias de Quebranoces e a súa panda de monicreques: participaron nos feitizos máxicos da Fada de Azucre, animaron con enerxía a Quebranoces para que subira á muralla chinesa, avisaron do perigo da famenta serpe do deserto e ata lle ensinaron a Quebranoces como se dicía correctamente o nome do compositor ruso Chai-kovs-ky!!, autor da fermosa música que escoitaron, bailaron e acompañaron con palmas durante o espectáculo.
Sentímonos moi a gusto traballando neste cole tan acolledor, e moi ilusionadas por formar parte na súa celebración do Día das Letras Galegas, unha festa tan importante para a nosa cultura galega.