Voltamos ao traballo

De volta ao traballo depois destas datas. 

Esperamos nos próximos meses deixar atrás toda a tristura que nos acompañou este 2016 polo falecemento dos pais de Loreto e comezar esta nova temporada de novo con ilusión e novos proxectos.

O espectáculo do Carnaval dos animais vai adiante pero moito máis amodo do que nos queriamos así que Musicreques decidiu que, para non vos ter esperando demasiado por un novo espectáculo, imos facer outro conto que esperamos ter listo para xaneiro ou febreiro. 

A historia vai dunha fraga, unha duquesa que quere convertela nun campo de golf e un teimudo leñador que non lle vai poñer as cousas moi doadas á duquesiña... ou tal vez si... porque o pobriño vai perder a cabeza por ela. A música que vai acompañar esta vez o conto vai ser a fermosa música das danzas húngaras de Johannes Brahms, interpretadas a catro mans.





Los comentarios están cerrados.