Onte actuamos no Auditorio Municipal de O Carballiño, dentro das actividades da Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. Representamos os Contacontos musicais adaptados ao entroido, coa visita do gorila Martiño e divertidas adiviñas que gustaron moito aos rapaciños.
Todo saiu estupendamente e pasámolo pipa. Ademáis, logo fumos gozar do marabilloso polbo á feira e claro, estaba para chupar os dedos!! Esperamos volver de novo con outro dos nosos espectáculos!
Moitas grazas a Celia e a Xulia! Unha aperta
Moitas grazas a Celia e a Xulia! Unha aperta
Aquí vos deixamos algunhas fotos de onte.
A seguinte actuación será o próximo sábado 9 de marzo ás 18:00 no Centro Comercial Odeón, en Narón.