Musicreques en Cultura no Camiño

Musicreques participa no programa "Cultura no Camiño" de Agadic con tres espectáculos de monicreques para público infantil e familiar.

Hai dous espectáculos para nenos entre 3 e 10 anos Iván e o lobo gris e As aventuras de Quebranoces, e un espectáculo para bebés O Quebranoces. Todos eles con fermosa música de piano interpretada en directo.


Unha sesión do Quebranoces en familia

Onte actuamos no Concello de Cee dentro do programa "Música e teatro en familia" que se desenvolveu os sábados dende o 23 de febreiro ata o 6 de abril no auditorio Baldomero Cores.


A asistencia de público foi algo escasa, mais iso permitiunos ter unha sesión moi íntima e familiar cos bebés que viñeron ver o espectáculo de O Quebranoces.


As pompas e o avión foron das cousas que máis lles chamaron a atención aos pequerrechos, aínda que estiveron atentos e participativos durante todo o conto musical.


Foi un pracer actuar no Concello de Cee e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos. Moitas a grazas a Pablo e Víctor pola súa amabilidade para con nós. Ata a próxima!

Musicreques comeza abril con dúas actuacións na primeira semana

Neste próximo mes de abril, que en breve vai comezar, temos dúas actuacións programadas para a primeira semana.

O venres 5 remataremos o programa de colaboración co CMUS Xan Viaño visitando o CEIP de Esteiro de Ferrol, para representar os Contacontos Musicais. E o sábado 6 viaxaremos ata o Concello de Cee co noso Quebranoces para bebés. Será ás 18.00 no Auditorio Baldomero Cores dentro do programa "Música e Teatro en familia" incluída na AGADIC de 2019.


Musicreques no Carballiño

Onte actuamos no Auditorio Municipal de O Carballiño, dentro das actividades da Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. Representamos os Contacontos musicais adaptados ao entroido, coa visita do gorila Martiño e divertidas adiviñas que gustaron moito aos rapaciños.

Todo saiu estupendamente e pasámolo pipa. Ademáis, logo fumos gozar do marabilloso polbo á feira e claro, estaba para chupar os dedos!! Esperamos volver de novo con outro dos nosos espectáculos!

Aquí vos deixamos algunha foto de onte.




A seguinte actuación será o próximo sábado 9 de marzo ás 18:00 no Centro Comercial Odeón, en Narón.  


Musicreques visitou Friol

Hoxe actuamos no Centro Sociocultural de Friol para os rapaciños máis pequenos do Concello. Vieron acompañados dos seus pais e algún dos seus irmaciños para ver o espectáculo de O Quebranoces.


O público, que estivo moi participativo, axudounos moito dando palmas para que o avión puidese voar, cantando a canción do corpo que nos ensinou o simpático ruso, e facendo o estribillo da canción das cores... Que ben o pasamos!

E despois desta actuación en Friol, comenzamos a vacacións!. Voltaremos en Setembro ao traballo con novos proxectos. Ata pronto!