Próximas actuacións de Musicreques

Xa saíu publicada a resolución do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e podemos dicir que a nosa proposta de actividade de música e monicreques "As aventuras de Quebranoces" tivo moi boa acollida. Nos próximos meses poderédesnos ver nas localidades de Abegondo, A Capela, Neda, Santiago de Compostela, Ribadeo e O Vicedo. Publicaremos no blog as datas, lugar e hora das actuacións, para que podades achegarvos e ver o concerto se o desexades.

Temos tamén previstas moitas outras actuacións dentro da rede Cultural da Deputación, das que vos informaremos en breve, e que nos levarán por toda a provincia de A Coruña.




Rede cultural. Abre o prazo de solicitudes de actuacións.


O prazo para que os concellos e entidades da provincia de A Coruña soliciten actuacións dentro do programa da Rede Cultural 2014 estará aberto entre o 7 e o 26 de febreiro. Deixámosvos aquí o link da páxina da Deputación ca información.

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=19574

Estamos na Rede Cultural e no programa de Ler Conta Moito

Notificámosvos que xa nos podedes atopar no catálogo de actividades do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O prazo para a solicitude de actividades e a aceptación das bases da convocatoria é do 27 de xaneiro ata o 11 de febreiro


Tamén podedes solicitar a nosa actuación dentro da Rede Cultural da Deputación, onde participamos no apartado de XXX Programa de música e teatro para grupos non profesionais, na categoría de Grupos de Títeres. 


Iván e o lobo gris

Aquí tedes outra mostra máis do que poderedes ver en "Iván e o lobo gris". Presentámosvos a o Rei Otón, o Lobo Gris e a Baba Yaga!






Por culpa dun deles o noso amigo Iván vaise ver metido nunha aventura na que poderá perder a súa cabeza e algo máis. Outro dos tres personaxes convertirase nun gran amigo e compañeiro de aventuras, e o terceiro... ai… o terceiro… para saber o que fai este último teredes que esperar á estrea.