Autor: MUSIKEANDO

  • AI, PEPIÑO, ADIÓS!


    Canción tradicional galega moi cantada en todo tipo de festas, sobre todo nas familiares, que tocaremos coa frauta.

    Ai Pepiño, adiós,
    ai Pepiño, adiós,
    ai Pepiño por Deus non te vaias,
    quédate con nós,
    quédate con nós,
    non te vaias afogar na praia
    como nos pasou a nós.





  • A CAROLINA


    “A Carolina” é unha canción tradicional galega que tocaremos coa frauta neste trimestre.

    Déixovos a partitura, a letra e uns vídeos con diferentes versións.




    A saia da Carolina,
    ten un lagarto pintado;
    cando a Carolina baila,
    o lagarto dalle ó rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu amor (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, si señor!

    A Carolina é unha tola
    que todo fai ó revés;
    vístese pola cabeza
    e íspese polos pés.

    Bailaches Carolina?
    Bailei no cuartel!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co coronel (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, no cuartel!

    O señor cura non baila
    porque tén unha coroa.
    Baile , señor cura, baile,
    que Dios todo llo perdoa.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, a bo fe!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu Xosé (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, a bo fe!

    No curro da Carolina
    non entra carro pechado,
    namais entra a Carolina
    co seu cocho polo rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con que bailaches?
    Bailei co meu amor.
    Co teu amor Carolina
    non volvas a bailar
    porque che levanta a saia
    e é moi mala de baixar.


    Aquí vos deixo a interpretación do emblemático grupo galego FUXAN OS VENTOS.



    Esta é unha versión máis moderna e canta o grupo LUAR NA LUBRE.





  • PEQUENOS ARTISTAS!

    Dentro desta sección chamada “Pequenos artistas” volve a ensinarnos os seus avances co trombón, Fran.

    Nótase que traballou moito durante este trimestre e promete que volverá a traer o seu instrumento ao remate do curso.

    Vexamos algunhas das súas interpretacións.





  • APRENDIZAXE COOPERATIVA

    Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.

    Co alumnado de cuarto utilizei a estrutura de “folio xiratorio”, no noso caso “partitura xiratoria”, para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.

    O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.



  • PRIMAVERA: MUSICOGRAMA

    Con este musicograma veremos as diferentes partes que ten a obra de Antonio Vivaldi.

    Dramatizaremos as diferentes situacións que se representan e gozaremos nunha primavera chea de contrastes.