Autor: MUSIKEANDO

  • 15 PRIMAVERAS!!!

    O concerto de “Mamá Cabra” foi fantástico!

    VEXAMOS UNHAS FOTOS!!!



  • O MEU BARCO

    Traballaremos co poema de Manuel María “O MEU BARCO” que cantaredes e tocaredes coa frauta.

    Se clicades no debuxo accederedes ao post que publiquei fai algúns anos.






  • O CARRO

    Seguimos traballando cos poemas de Manuel María e agora cantaredes e tocaredes “O CARRO”.

    Clicade no debuxo para acceder ao post que publiquei o curso pasado.




  • MAMÁ CABRA. 15 PRIMAVERAS


    O xoves da vindeira semana os alumnos de Educación Infantil asistiredes a un divertido concerto do grupo MAMÁ CABRA.

    Como o grupo cumpre 15 anos presentan un espectáculo titulado “15 PRIMAVERAS” co que  queren agasallar a todos os nenos e aos que non son tan nenos.



















  • O LUME NOVO

    Seguimos traballando cos poemas de Manuel María publicados no libro “Os soños na gaiola”.

    “O lume novo” lévanos a unha festa ancestral, a noite de San Xoán, que coincide co solsticio de verán.

    Esta festa é unha das máis populares en Galicia e leva asociados unha serie de rituais de caracter máxico ou supersticioso. Un deles son as fogueiras ou cacharelas que se prenden na tarde-noite do día 23 e arden mentres que os veciños comen, beben, cantan e bailan ó redor delas ou ben as saltan para quitar o meigallo.

    Tamén existía o costume de afumar o gando na noite de San Xoán para protexelo do meigallo. Para iso fan andar ó gando ó redor ou entre as fogueiras para que lles dea ben o fume, ou ben cando so queda o borrallo fan que o gando o pise.

    Manuel María neste poema recolle estes ritos. Aquí vos deixo a letra e se clicades na fogueira podedes escoitar a canción.


    Hoxe é o lume novo,
    noite de San Xoán.
    As ledas fogueiras
    acesas están! (BIS) (ESTRIBILLO)

    Que gusto, rapaces,
    saltar as fogueiras,
    dar brincos, rebrincos
    e pinchacarneiras!

            ESTRIBILLO

    Que gusto, rapaces,
    correr e saltar,
    dar brincos e pulos,
    volver a brincar.

            ESTRIBILLO

    Que gusto, que ben
    saltar as fogueiras
    coas chamas subindo,
    medrando lixeiras. 

            ESTRIBILLO

    Á mañá, o borrallo
    terase apagado.
    E sobre el despacio,
    pasará o gado!

            ESTRIBILLO

    Pasará o gado
    tripando o borrallo
    para que non o pille
    o mal do meigallo!

            ESTRIBILLO