EU COCIÑO, TI COCIÑAS ?


O día 25 de febreiro o alumnado de 1º e 2º asistiredes a un concerto do grupo "Mamá Cabra" en Pontevedra.

Como é un grupo que nos gusta moito sabemos que ímolo pasar moi ben.

O espectáculo leva por título "Eu cociño, ti cociñas?" e todas as cancións que forman parte do libro -disco falan, como non podería ser de outra forma, de comida.

Fíxadevos nestas fotos do concerto!










E como non está moi lonxe o entroido empezamos cunha canción titulada "Filloas". 

Que ricas!!!




O POLO PEPE

Os nenos de Infantil seguen metidos neste mundo de galos, galiñas e polos, e agora tócalle o turno á canción do grupo "Mamá Cabra" titulada "O Polo Pepe", que está baseada no conto "O Polo Pepe" de Nick Denchfield e Ant Parker.

A canción está incluida no libro-disco "Cartas que veñen e van".




PREPARADOS PARA CANTAR?