NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

A obra de Edvard Grieg, "PEER GYNT" está formada por dúas Suites e esta peza é a derradeira da Suite nº 1.

Representa a entrada de Peer na gruta onde vive o rei da montaña rodeado de monstruos e trolls.



Ten dous temas que se van alternando e repetindo nun proceso de accelerando e crescendo ata chegar a un fortissimo piú vivo.

Aquí vos deixo a partitura coa adaptación da melodía para que vaiades practicando. Máis adiante porei a partitura completa con todos os acompañamentos.




Tamén vos deixo un texto para recitar coa música.

Con coidado vou a entrar, vou a entrar, vou a entrar. Esta gruta é perigosa, podo esvarar.

Monstruos, gnomos, duendes, trolls. Duendes, trolls, duendes, trolls. Monstruos, gnomos, duendes, trolls, pronto sairán.



GROTUS QUERE DIVERTIRSE NO SAMAÍN!!!

O vindeiro mércores día 30 celebraremos a festa do Samaín, xa sabedes que a festa é o día 31 pero que este ano non temos clase xa que se celebra o Día da Educación,  por iso adiantamos un día a celebración.



Este ano Grotus, que nos está axudando co traballo na aula de música, tamén quere participar na festa do Samaín. Supoño que lembrades que Grotus é un ser mitolóxico noruego e que na festa do Samaín estaremos rodeados de seres mitolóxicos galegos, entre outros.

Pois estade moi atentos o mércores porque na festa que terá lugar no ximnasio, e dado que estará ben escuro,  vai estar Grotus disfrazado de un personaxe moi galego, de bruxo. Deixovos unha foto para que o poidades recoñecer, xa que entre tanto disfraz pode ser dificil.


E aquí tedes o vídeo da canción para que vaiades practicando.

 

 Por se queredes seguir cantando aquí vos deixo a canción do ano pasado, que sei que vos gusta moito.



MISTERIO RESOLTO!!!

Pois xa está resolto o misterio co que comezamos o curso na clase de música. Agora temos un novo amigo, si, si..., falo de Grotus que quixo presentarnos a súa música preferida "Na gruta do rei da montaña" e ao seu compositor favorito Edvard Grieg.

Este curso aprenderemos moitas cousas sobre Edvard Grieg e sobre a súa obra máis famosa "Peer Gynt".




Unha vez leido o conto e como Grotus quixo presentarnos a obra coa melodía de "Na gruta do rei da montaña" non imos levarlle a contraria, non vaia ser que se enfade e empeze a comer nenos ou profes, farémoslle caso e traballaremos con ela facendo diferentes actividades.

Empezamos vendo algúns vídeos que me parecen moi interesantes.