Etiqueta: AUDICIÓNS

  • A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ


    O martes 3 de decembro os nenos de 1º e 2º asistiredes a un concerto de Magín Blanco, que presenta o seu último disco, “A nena e grilo máis aló”.

    A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde a tentarán atopar para traela de volta.

    CONSEGUIRANO???

    arana-imagen-animada-0137

    Aquí vos deixo un pequeno adianto do que veremos no teatro.




  • CÁRMINA BURANA


    No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII. 

    A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.




    Estes poemas medievais formaban a obra titulada “Cármina Burana” que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa “Cancións de Beuern” en latín.

    Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra “Cármina Burana” que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.




    Na clase imos traballar coa Introdución, titulada “Oh Fortuna”, que tamén é a Conclusión da obra.

    Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.








    Aquí tedes a partitura coa melodía.







  • SKA DE LA TIERRA

    Seguimos traballando dentro do proxecto “Mares de plástico” e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.


    A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.










  • LA COSTA DEL SILENCIO

    Co proxecto de centro deste curso, “Mares de plástico”, trataremos de concienciarnos sobre o grave problema que supón para a vida no planeta o cambio climático, provocado en gran medida polas agresións que o ser humano provoca no seu entorno.

    Para introducirnos no tema lembraremos o gran desastre mediambiental que se produciu nas nosas costas no ano 2002 co afundimento do petroleiro Prestige.

    A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada “La costa del silencio” na que se fala das causas e consecuencias do afundimento deste barco.





    Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.












  • QUEN ME DERA EN INSUELA


    Seguimos traballando coa obra de Antón Fraguas e co disco de Xoán Curiel, cunha canción con moito ritmo, “Quen me dera en Insuela”, lugar onde atopamos a casa natal do escritor.

    Quen me dera en Insuela un pedaciño de terra,
    para ir botar a iauga e pasearme por ela.
    Quen me dera verte sempre algún día cada mes,
    unha vez cada semana e un día de cada vez.

    Lerelele..

    Quen me dera ter a min a gargantiña dun galo,
    cantar como un reiseñor, falar como un papagaio.
    Quen me dera estar tan alto/a como a estrela do norte
    para ver o que se pasa en Pontevedra esta noite.

    Lerelele…

    Toca, pandeiriño, toca, se non heite de rechar,
    que me custaches os cartos, axúdamos a gañar.
    O pandeiro toca ben, as ferriñas danlle o son,
    as meniñas que o tocan elas de Insuela son.

    Quen me dera ser a rula, a ruliña do sertón,
    para facer o meu niño dentro do teu corazón.
    Quen me dera ser a rula, a ruliña do sertón,
    o meu niño xa está feito dentro do teu corazón.

    Lerelele…

    Preme no reproductor para escoitar a canción.