O MAGO DE OZ


"O mago de Oz" é unha película musical do ano 1939.

A película estivo nominada a varios premios Óscar e conseguiú dous, un deles á mellor canción por "Over the rainbow", que tocaremos na clase.

Está baseada na novela infantil "O maravilloso mago de Oz" de Frank Baum. 

A protagonista da historia é Dorothy, unha rapaza que vive en Kansas cos seus tios. 
Cando un tornado atraviesa a zona, a casa da xoven é absorbida con ela dentro. Cando o furacán remata, Dorothy descubre que aterrou nun mundo extraño e marabilloso chamado Oz, onde existe a maxia. Desexosa de volver a casa, Dorothy comeza a percorrer o camiño de baldosas amarelas, unha senda que a leva ata Cidade Esmeralda, lugar onde habita o mago. Só el poderá devolvela a Kansas.

Durante o camiño Dorothy coñecerá a distintos compañeiros de viaxe: un león cobarde, un espantallo sen cerebro e un home de hojalata sen corazón. Xuntos seguirán o camiño para pedirlle unha cousa cada un ao mago de Oz. O león pediralle coraxe, o espantallo un cerebro e o home de hojalata un corazón. 

Polo camiño deberán enfrentarse a diferentes peligros, como as malvadas bruxas que non desexan que acaden a súa meta.

De súpeto Dorothy esperta na súa cama. Parece que todo foi un sono...!  ou quizais non...!

No seguinte vídeo podedes escoitar a canción que tocaremos e veredes un pequeno resumo das aventuras de Dorothy.








PIRATAS DO CARIBE

Seguimos coa nosa particular viaxe a través de bandas sonoras de películas.

Si falamos de aventuras no mar non poden faltar os protagonistas de multitude de historias tanto nos libros como nas películas...  todos adiviñachedes que falo dos PIRATAS!!!


Tocaremos unha adaptación da banda sonora da película "Piratas do Caribe", pero antes botádelle un vistazo a estes vídeos. 





 

Déixovos a partitura coa instrumentación.





TITANIC

O proxecto deste curso, "UN COLE DE PELÍCULA", lévanos ata unha das bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine.

A película TITANIC (1997) naceu da afección do seu director, James Cameron, ao submarinismo. Cando se sumerxiu no lugar onde se afundiu o barco sentiu que debía facer unha película que contara a historia do famoso transatlántico.

TITANIC gañou 11 premios Óscar, un deles á mellor banda sonora.

Se queredes ter máis información sobre o barco premede na imaxe.


E como dende o inicio do curso estamos metidos de cheo na música do cine agora tocaremos unha adaptación da banda sonora da película.

Déixovos dous vídeos, un do trailer e outro cunha interpretación de Celine Dion que canta "My heart will go on", a cancion máis coñecida da banda sonora orixinal.












PREPARAMOS O SAMAÍN!


Estamos a nos achegar á data máis terrorífica do ano, si si... pronto celebraremos o Samaín!

Xa sabedes que este mes está connosco Silvia Morgade facendo prácticas e ela traballou co alumnado de 6º para preparar unha versión caseira e personalizada dun tema da serie de televisión "A familia Addams".

Esta canción cantarémola todos xuntos como peche do festival do Samaín.

Déixovos un vídeo cos preparativos e o vídeo da canción.

Traballarémola na clase de música pero xa podedes empezar a practicala para que soe terrorificamente ben!






A FAMILIA ADDAMS. FACEMOS A LETRA!

Silvia e os alumnos de 6º puxéronse mans á obra, e a letra en galego da canción "A familia Addams" está lista.



A neta, o tío e a avoa,
o pai tan poderoso,
a bela nai dunha
familia tan normal.

Se van a visitala
non esperen una festa.
Así verán a esta
familia tan normal.

QUE FERMOSURA!
QUE DOZURA!
QUE LOUCURA!

Se queren divertirse,
que moito non lles custa,
aquí é a casa desta
familia tan normal.

Familia do Cruceiro
visita o cemiterio.
Onde están os Addams?
Familia tan normal.

Estamos no Cruceiro,
somos a familia Addams.
Se non che gusta moito,
cabaza e pra túa casa.


Déixovos o vídeo que fixo Silvia para que vaiades practicando a canción. 


Lembrade que a vindeira semana gravaremos o vídeoclip para que os vosos compañeiros poidan aprender a canción.