Archivo de la etiqueta: CANCIÓNS
Seguimos traballando dentro do proxecto "Mares de plástico" e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.
A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.
Seguimos traballando coa obra de Antón Fraguas e co disco de Xoán Curiel, cunha canción con moito ritmo, "Quen me dera en Insuela", lugar onde atopamos a casa natal do escritor.
| Quen   me dera en Insuela un pedaciño de terra, para   ir botar a iauga e pasearme por ela. Quen   me dera verte sempre algún día cada mes, unha   vez cada semana e un día de cada vez. Lerelele.. Quen   me dera ter a min a gargantiña dun galo, cantar   como un reiseñor, falar como un papagaio. Quen   me dera estar tan alto/a como a estrela do norte para   ver o que se pasa en Pontevedra esta noite. Lerelele… Toca,   pandeiriño, toca, se non heite de rechar, que   me custaches os cartos, axúdamos a gañar. O   pandeiro toca ben, as ferriñas danlle o son,  as   meniñas que o tocan elas de Insuela son. Quen   me dera ser a rula, a ruliña do sertón,  para   facer o meu niño dentro do teu corazón. Quen   me dera ser a rula, a ruliña do sertón, o   meu niño xa está feito dentro do teu corazón. Lerelele… Preme no reproductor para escoitar a canción. | 

Estamos a piques de celebrar unha data de gran importancia na nosa terra, o Día das Letras Galegas.
Este ano está dedicado a Antón Fraguas, e o músico Xoán Curiel quixo facerlle unha homenaxe publicando o libro-disco "Canta, miña pedra, canta", que está baseado na vida e obra do escritor.
Durante este mes traballaremos con algunhas das súas cancións e empezamos cunha ben marchosa, "Vai saír o tren".