O alumnado de Educación Infantil ten unha importante misión.
Pepiño e Sargantana foron secuestrados polo CORONAVIRUS, que quere contaxialos.
Coa axuda da VACINA contra o virus salvarémolos.
IMOS ALÓ!
Os nenos de Educación Infantil tedes unha importante misión, Sargantana foi secuestrada polo xigante Gerión e está encerrada na Torre de Hércules, unha das marabillas de Galicia que este curso estamos estudando.
Debedes ser moi valentes e superar todas as probas que o xigante Gerión vos fará.
Axudaránvos na vosa misión Hércules e Breogán.
Estades preparados para empezar?
POIS IMOS ALÓ!