A LANCHIÑA DO FLAMENCO

MUSICREQUES presenta un novo conto musical para CONTAR e CANTAR.

"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que os máis pequenos poderán coñecer moitos animais da selva.

Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, máis o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate.

Serán demasiados animais para esa lanchiña?

Caberán todos?

Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.




FANTÁSTICO CONTO MUSICREQUES!


O MONSTRO DE CORES. CONTO MUSICAL

Durante o pasado curso o alumnado de 3º de primaria fixo unha versión musical do famoso conto "O monstro de cores".

Este traballo fíxose en diferentes etapas ata rematalo co fin do curso.

Comezou na aula de música compoñendo a música.
Logo os nenos interpretaron o conto no Festival de Nadal.
No terceiro trimestre fixeron o conto en papel contando coa colaboración da profe que imparte Valores Sociais e Cívicos.
Ilustraron a historia, escribiron as partituras, cortaron as figuras musicais e montaron un completo libro que formará parte da biblioteca do colexio.

A estrutura do libro é a seguinte: portada, a folla de cada emoción coa súa correspondente partitura, unhas follas con figuras musicais para poder formar os compases, o disco coa gravación do conto e a contraportada.


















Nos seguintes vídeos podedes ver o conto en papel e a representación dos nenos.







Presentación na biblioteca.


O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto "Somos compositores: O monstro de cores".

Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!