QUEN É MALALA?

Este ano imos celebrar o Día Escolar pola Paz con MALALA.

QUEN É MALALA?



Malala naceu en Pakistán o 12 de xullo de 1997.




O 9 de outubro de 2012 dous talibáns interromperon o percorrido dun autobús escolar que viaxaba polo valle de Swat en Pakistán e con armas na man subiron ao autobús e preguntaron "Quen é Malala?" A continuación empezaron a disparar contra a xoven e as súas amigas. Malala foi ferida na cabeza e  no pescozo e estivo meses hospitalizada.

Os terroristas que lle dispararon pensaron que coas súas balas farían calar para sempre a Malala, que loitaba porque as nenas tiveran dereito á educación, pero non o conseguiron. Fixeron que Malala loitara máis que nunca polo dereito das mulleres a ir á escola.

No ano 2014 concedéronlle o PREMIO NOBEL DA PAZ.

Clica na imaxe de Malala para ter máis información.



O compositor mexicano Arturo Márquez compuxo no ano 2013 unha obra para coro e orquestra dedicada a Malala.




LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebraremos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ e coma sempre todos cantaremos unha canción. A de este ano vai ser "Los niños queremos la paz", que tiene pero que mucha marcha. Xa vos deixo aquí a letra e outros vídeos para que a vaides practicando, por si alguén se aburre en vacacións je je je.

Clicade na imaxe para ver a letra da canción e empezade a cantar