DANCE MONKEY



"Dance monkey" é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e  que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.

Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.

Imos traballar con esta canción bailando e tocando.

Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.

A BAILAR!












E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro  instrumento ou obxecto co que podades facer sons.

A TOCAR!




FRAUTISTAS PRINCIPIANTES!

Este post vai dirixido especificamente ao alumnado de 3º curso, xa que o confinamento pillóunos de cheo empezando a traballar coa frauta.

Déixovos aquí unha explicación moi detallada de como tocar a canción coa que iamos empezar, "Rondín Picotín", con partituras interactivas e un titorial. Veredes como vos axuda moito!

Animádevos! Collede a vosa frauta e A TOCAR!





XOGO DO AFORCADO

Animádevos a facer o xogo do aforcado.

Fixádevos nos pétalos da margarida porque se non colocades a letra correcta irán caendo e cada vez teredes menos oportunidades.

Prestade atención ao idioma. Todas as palabras están en galego!

Cada xogo terá un tema que aparecerá na parte superior da plantilla.


  FIGURAS MUSICAIS  




  ESCALA MUSICAL  




  INSTRUMENTOS