NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

Esta peza da obra "Peer Gynt" de Edvard Grieg sempre está presente na aula de música, xa que axuda aos alumnos a aprender a escala coa frauta dunha forma moi divertida.

Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.




E agora con este vídeo, no que aparecen moitísimos trolls, estudiaremos o ritmo desta peza.




E por último imos coa melodía.



O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto "Somos compositores: O monstro de cores".

Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!




¿ESTRELLITA DÓNDE ESTÁS?

Popular canción infantil e navideña que os máis pequenos de primaria ides cantar e tocar.

Vexamos algúns vídeos.













E agora que xa sabedes a canción imos tocala utilizando os seguintes instrumentos.








Aquí está a partitura e tendes que buscar onde están as figuras musicais negras e brancas, ou sexa onde hai sons curtos ou longos.














Se queredes conseguir emoticonos verdes fixádevos no que tendes que saber facer.









MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!


Rúbrica: