Moitos nenos viñeron ao Contacontos Musical das festas de San Froilán

Onte os rapaciños de Lugo o pasaron xenial nas festas do San Froilán con Musicreques. Estiveron moi atentos e participaron dando palmas, cantando e amosando os seus coñecementos dos distintos ecosistemas.




Encantounos actuar nesta festa tan emblemática de Lugo e esperamos voltar!

O Contacontos musical no San Froilán

Compartimos con vós o cartel do San Froilán Miúdo no que Musicreques actuará co seu Contacontos Musical o próximo día 6 de Outubro. Titúlase "Los pulpos bailan con elegancia" e a súa autora é Alba Bueno Prieto de 10 anos.


A actuación de Musicreques será á 13:00 no Patio do Edificio Administrativo do Concello. 

Non vos perdades as aventuras de Lola, Antón o camaleón, a galiña Carmiña, o caracol viaxeiro... e vinde gozar e cantar con nós!

Musicreques visitará Cariño e Lugo próximamente

Rematadas as vacacións de verán, Musicreques comeza de novo a súa actividade.

O próximo día 27 de Setembro poderédesnos atopar no Concello de Cariño co noso Contacontos Musical que está incluído dentro do programa "Ler contra moito". A actuación será ás 12:00 na Biblioteca Pública Municipal.


E en Outubro viaxaremos ata Lugo para participar no San Froilán Miúdo. Ata pronto!