BENVIDOS!!!

Iniciamos un novo curso no que nos agardan grandres sorpresas. Na aula de música recibiremos a visita dun personaxe moi querido por todos vos, pero por agora non vos digo nada máis.

Quero darvos a benvida cuns fantásticos debuxos que fixeron os nenos de 1º e 2º o curso pasado para ilustrar o poema de Manuel María "O caracol".

 Clicade na imaxe e gozade con eles.

BIOGRAFÍA DA MUIÑEIRA

"Biografía da muiñeira" é un poema de Manuel María que imos cantar, bailar e tocar con cunchas e pandeiretas.

Aquí vos deixo a letra e a canción.

No corpo delgado
pola primaveira
nace a muiñeira.

No corpo belido
da perna lixeira
faise a muiñeira.

Pra ser muiñeira
nace a primaveira! (ESTRIBILLO)

No corpo lixeiro
como una peneira
baila a muiñeira.

No corpo belido
que non ten amigo
chora a muiñeira.

ESTRIBILLO

No corpo delgado
que está namorado
canta a muiñeira.

Que queira ou non queira
baixo a abelaneira
queda a muiñeira.

ESTRIBILLO

A perna lixeira
peneira e peneira
baixo a abelaneira
pra ser muiñeira.

DORNA

A dorna é unha embarcación típica das Rías Baixas galegas. Está fabricada en madeira, ten dous remos e pódeselle poñer una pequena vela.

Manuel María quere homenaxear á dorna e aos mariñeiros e escribe o poema "DORNA", que pertence ao libro "As rúas do vento ceibe".

Se clicades na dorna tedes o poema con pictogramas e coa música.

Agora se clicades no faro atoparedes a canción sen a letra e cunhas paisaxes ben bonitiñas.