MARCHA RADEZTKY

A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.


Johann Strauss naceu e morreu en Viena e foi o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.



A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.


A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

Os directores invitados a levar a batuta neste concerto son os mellores do mundo.


 


 Imos ver as diferentes partes que ten a Marcha Radetzky.



Escoitade a melodía e prestade moita atención ás distintas partes.




Fixádevos que hai partes que son máis longas que outras.



¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.