Neste trimestre traballaremos en todo o colexio coa música tradicional galega.
Os nenos de Infantil empezáchedes cun fantástico concerto de Magín Blanco que xa sei que vos encantou.
Agora imos retomar un tema que xa ten uns anose que formou parte dun proxecto educativo multidisciplinar que tivo como obxectivo afondar no coñecemento entre nenos de paises que comparten unha cultura atlántica común.
Neste proxecto fusionáronse a música tradicional galega e irlandesa e colaboraron nel músicos de relevancia en Galicia e no Reino Unido.
Cando Inzilbeth cumpriu 5 anos fixémoslle como agasallo dos nenos de Educación Infantil unha danza con este tema que agora aprenderedes vos. Eles bailaron moi ben e seguro que vos o facedes aínda mellor.
Ah, por certo, estes bailaríns aínda andan polo cole!!! COÑECEDES A ALGUÉN???
Canción do emblemático grupo galego "Fuxan os ventos", que se creou en Lugo no ano 1972.
O seu compromiso coa cultura galega é patente en todas as súas obras, que levaron por toda Europa. O repertorio inclinouse cara a música popular galega, recollendo cantigas tradicionais e incluindo temas de composición propia.
Asumiron coas súas composicións un forte compromiso social e de reivindicación do idioma e da cultura propia do pobo galego.
No ano 1989 o grupo deu o que supuxeron sería o seu derradeiro concerto, xa que o traballo que seguen a facer non é de cara ao público e só en contadas ocasións fan algunha actuación.
O seguinte vídeo pertence ao espectáculo "Terra de soños" posto en escea os días 18 e 19 de outubro de 2008 no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Non canta na Chá ninguén, por eso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta (BIS)
Non hai canto tan fermoso, fino como un asubío, anque as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío.
Non canta na Chá ninguén, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta.
O meu carro é cerna dura, sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame herba pra o gando! Traeme a colleita pra casa!
Non canta na Chá ninguén, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta (BIS)
Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.
Eduplaneta Musical utiliza cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación, realizar tareas de analítica y mostrar publicidad acorde a sus intereses. Si continúa navegando, entendemos que acepta nuestra Política de Cookies.AceptoReject
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.