Actuacións de Musicreques previstas para outubro

O prometido é débeda... así que aquí nos tedes para informarvos das próximas actuacións de Musicreques previstas para o mes de outubro. O espectáculo de "Iván e o lobo gris" será o principal protagonista das nosas representacións, mais tamén "O Quebranoces" para bebés volverá a facer felices aos máis pequerrechiños.

O luns 5 de outubro viaxaremos ata a Biblioteca de Oseiro (Arteixo) para representar "Iván e o lobo gris" dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas Galegas. A hora prevista da actuación é ás18:50.

A BBTTA de Narón organiza unha representación de música e monicreques o día 10 de outubro no auditorio de Narón. Nesta ocasión Musicreques porá en escena o conto de "O Quebranoces para bebés" (ás 18:30), espectáculo pensado para nenos de menos de 3 anos.

O 16 de outubro iremos ata o Concello de Coriscando para levar ata alí a Iván e aos seus amigos. Esperamos que os rapaciños do centro educativo onde imos actuar o pasen fenomenal co noso espectáculo!

Tamén, dentro do programa "Ler conta moito", Musicreques achegará a Iván, ao lobo gris, ao Rei Otón, á bruxa Baba Yaga e aos demais personaxes do conto musical ata a Biblioteca de Mugardos o día 20 de outubro.  

Estamos moi contentas de volver á actividade e, por suposto, gustaríanos moito que nos acompañedes nalgunha destas datas. Esperámosvos!!




Actuacións de Musicreques previstas para outubro

O prometido é débeda... así que aquí nos tedes para informarvos das próximas actuacións de Musicreques previstas para o mes de outubro. O espectáculo de "Iván e o lobo gris" será o principal protagonista das nosas representacións, mais tamén "O Quebranoces" para bebés volverá a facer felices aos máis pequerrechiños.

O luns 5 de outubro viaxaremos ata a Biblioteca de Oseiro (Arteixo) para representar "Iván e o lobo gris" dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas Galegas. A hora prevista da actuación é ás18:50.

A BBTTA de Narón organiza unha representación de música e monicreques o día 10 de outubro no auditorio de Narón, na Plaza de Galicia. Nesta ocasión Musicreques porá en escena o conto de "O Quebranoces para bebés" (ás 18:30), espectáculo pensado para rapaciños de menos de 3 anos.

O 16 de outubro iremos ata o Concello de Coriscando para levar ata alí a Iván e aos seus amigos. Esperamos que os rapaciños do centro educativo onde imos actuar o pasen fenomenal co noso espectáculo!

Tamén, dentro do programa "Ler conta moito", Musicreques achegará a Iván, ao lobo gris, ao Rei Otón, á bruxa Baba Yaga e aos demais personaxes do conto musical ata a Biblioteca de Mugardos o día 20 de outubro.  Hora aínda a confirmar.

Estamos moi contentas de volver á actividade e, por suposto, gustaríanos moito que nos acompañedes nalgunha destas datas. Esperámosvos!!




VERANO EN BRASIL

26 de septiembre 2015

Los chic@s de 2º de ESO están terminando de montar esta entretenida pieza muy movidita del blog de Mª Jesús Camino que hemos utilizado para empezar nuestro curso después de un curso sin vernos.  Nos está saliendo estupendamente y pronto veremos los resultados.  PIINCHA EN LA IMAGEN para acceder a la partitura