Autor: MUSIKEANDO

  • A TOCAR E A DANZAR!!!

    Ola chicos de 1º, como me pedíchedes aquí vos deixo a melodía medieval coa que estamos bailando e tocando. 

    Clicade no castelo para escoitala e prestade moita atención ás bandeiras que aparecen.

    Saberiades dicirme que significan??? Teredes que contestar despois de escoitar a música.




  • DANZA MEDIEVAL (2ª parte)

    Seguimos coa nosa viaxe polo medievo utilizando a imaxinación da mesma forma que facía Don Quixote. Non imaxinamos que somos cabaleiros senón que imaxinamos que somos músicos da época.


    Aquí está a partitura do Blog “Ana Music” coas modificacións que lle fixemos, xa sabedes que lle engadimos unha 2ª parte, e cos acompañamentos.




    Lembrade que agora a melodía ten dúas partes:

      


    A estrutura para tocar será:

         

  • INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

    Clicade na imaxe para saber algo máis sobre algúns dos instrumentos que se utilizaban na Época Medieval.




  • SAMAÍN

    E xa se achega outra vez o Samaín!

    Este ano imos  aprender a canción de Jesús Pareja “Samaín”. Cantarémola todos xuntos na celebración que faremos no ximnasio o xoves 30 de Outubro.

    Aquí vos deixo un simpático vídeo e tamén a letra.




  • CÁRMINA BURANA


    No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII. 

    A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.




    Estes poemas medievais formaban a obra titulada “Cármina Burana” que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa “Cancións de Beuern” en latín.

    Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra “Cármina Burana” que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.




    Na clase imos traballar coa Introdución, titulada “Oh Fortuna”, que tamén é a Conclusión da obra.

    Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.








    Aquí tedes a partitura coa melodía. Máis adiante actualizarei o post cos acompañamentos.