Musicreques actuou en Cedeira

Onte actuamos no Concello de Cedeira dentro da programación de Agadic co noso conto-musical Iván e o lobo gris. Foi unha desas actuacións que lembraremos moito tempo pola boa acollida de público e críticas, e por ter a oportunidade de tocar nun piano fantástico.


Os rapaciños pasárono pipa coas andanzas de Iván e o seu amigo o lobo, e non quisieron perder a oportunidade de sacarse unas fotos cos monicreques ao remate da función. Algúns deles amosaban a súa curiosidade preguntando cousas como: "Os monicreques faltan de verdade?"  ou "Que hai no pote da bruxa?".

Gozamos moito da nosa visita ao Concello de Cedeira e esperamos volver pronto con outra das notas funcións. Queremos tamén agradecer o marabilloso traballo de Quique, o técnico, que nos axudou moitísmo, coas luces e o son, a que o espectáculo saíra tan fantásticamente ben.

Musicreques xa está de volta!

E despois deste verán tan atípico no que unha intervención quirúrxica afastounos dos escenarios, Musicreques xa está por fin de volta!!! E, por suposto, voltamos con moitísimas ganas de levar a maxia da música e os monicreques aos rapaciños da nosa Comunidade Autónoma.

Os próximos meses teremos varias actuacións na provincia de A Coruña (que xa vos comentaremos), aínda que comenzamos por visitar a provincia de Lugo nun dos Concellos que temos especial agarimo, por ser dos primeiros en contar con nós para divertir aos seus pequerrechos, O Concello de Ribadeo!

Nesta primeira representación, despois da obrigada pausa do verán, estará adicada aos máis meniños, os bebés, para os que imos levar o noso espectáculo de O Quebranoces dentro do ciclo de Cultura no Camiño e o programa Apego. 


Verdade que vos apetece asistir á máxica viaxe de Quebranoces coa fantástica música de Tchaikovsky? pois non faltedes! A representación será ás 17:30 no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque,  nº 2) entrada: 3 euros.



Musicreques en Cultura no Camiño

Musicreques participa no programa "Cultura no Camiño" de Agadic con tres espectáculos de monicreques para público infantil e familiar.

Hai dous espectáculos para nenos entre 3 e 10 anos Iván e o lobo gris e As aventuras de Quebranoces, e un espectáculo para bebés O Quebranoces. Todos eles con fermosa música de piano interpretada en directo.


Unha sesión do Quebranoces en familia

Onte actuamos no Concello de Cee dentro do programa "Música e teatro en familia" que se desenvolveu os sábados dende o 23 de febreiro ata o 6 de abril no auditorio Baldomero Cores.


A asistencia de público foi algo escasa, mais iso permitiunos ter unha sesión moi íntima e familiar cos bebés que viñeron ver o espectáculo de O Quebranoces.


As pompas e o avión foron das cousas que máis lles chamaron a atención aos pequerrechos, aínda que estiveron atentos e participativos durante todo o conto musical.


Foi un pracer actuar no Concello de Cee e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos. Moitas a grazas a Pablo e Víctor pola súa amabilidade para con nós. Ata a próxima!

Musicreques comeza abril con dúas actuacións na primeira semana

Neste próximo mes de abril, que en breve vai comezar, temos dúas actuacións programadas para a primeira semana.

O venres 5 remataremos o programa de colaboración co CMUS Xan Viaño visitando o CEIP de Esteiro de Ferrol, para representar os Contacontos Musicais. E o sábado 6 viaxaremos ata o Concello de Cee co noso Quebranoces para bebés. Será ás 18.00 no Auditorio Baldomero Cores dentro do programa "Música e Teatro en familia" incluída na AGADIC de 2019.