Os nenos de 3 anos teñen que enfrentarse a unha nova misión!
A semana pasada salvaron a Pepiño, que fora secuestrado polo Morcego Seis Ollos e agora é Sargantana a que está en perigo.
SALVEMOS A SARGANTANA!
Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.
XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.
Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.
O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.
O 23 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía", e durante este mes traballaremos cun poema pertencente ao libro "Follas Novas".
A cantante Uxía Xenlle editou un libro-disco poñendo música a diferentes poemas de Rosalía de Castro, titulado "Rosalía pequeniña".
Traballaremos coa canción "Xan", pero antes coñezamos un pouquiño máis a Rosalía coa seguinte canción.
TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.
Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.
Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.
O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.
Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.
O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada "TERRA".
A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.
De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.
Vexamos o vídeo oficial da canción "Terra".
Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.