SALVEMOS A SARGANTANA!

Os nenos de Educación Infantil tedes unha importante misión, Sargantana foi secuestrada polo xigante Gerión e está encerrada na Torre de Hércules, unha das marabillas de Galicia que este curso estamos estudando.

Debedes ser moi valentes e superar todas as probas que o xigante Gerión vos fará. 

Axudaránvos na vosa misión Hércules e Breogán.

Estades preparados para empezar?

POIS IMOS ALÓ!

DANCE MONKEY



"Dance monkey" é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e  que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.

Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.

Imos traballar con esta canción bailando e tocando.

Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.

A BAILAR!












E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro  instrumento ou obxecto co que podades facer sons.

A TOCAR!




MUIÑEIRA DE CHANTADA


A "Muiñeira de Chantada" é a peza máis famosa do repertorio dos gaiteiros galegos.

Esta obra foi composta, no ano 1865, polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, membros da Banda del Ferraias.

A peza foi popularizada polos irmáns Cachafeiro, os Gaiteiros de Soutelo, que a gravaron no ano 1928.

Déixovos aquí a interpretación desta peza, que fixo Carlos Núñez acompañado do grupo "The Chieftains".



Vexamos a intepretación desta danza tradicional.



 E agora un cambio total de estilo! 

Fai dous anos, a escola de danza Media Punta de Vigo decidiu coreografiar a "Muiñeira de Chantada" a ritmo de hip hop.

Con esta danza obtiveron a medalla de oro no Campeonato de España e tamén presentáronse ao programa Got Talent, donde tiveron gran éxito.





 ANIMÁDEVOS A PROBAR! 

MUIÑEIRA CORRIDA

No mes das Letras Galegas traballaremos con música tradicional.

Empezaremos cunha canción moi xeitosa titulada "Muiñeira corrida".



Agora que xa coñecedes a canción imos acompañala con instrumentos tradicionais.

Xa sei que os instrumentos están no colexio, pero moitos de vós tedes na casa algún dos instrumentos que aparecen no vídeo e todos tedes botellas, culleres de pao ou de metal, vasos, tixolas, tapas... e calqueira cousa coa que podades facer sons. Utilizade a imaxinación!

Xa sabedes que a música tradicional sempre foi acompañada por calqueira utensilio da casa co que se puidera facer un ritmo.

Seguro que o facedes xenial!