Musicreques volveu a Carnota con outro contracontos

A rapazada de Carnota volveu gozar da música e contos de Musicreques. Nesta ocasión o espectáculo representado foi o de Contos e música do ceo, da terra e do mar. A estrela e o cabaliño, o polbo Froilán, a tartaruga cociñeira, Pío e Pía e a mosca Ramona fixeron as delicias do público miúdo que non parou de cantar e bailar durante todo o contacontos.


En decembro Musicreques voltará ao Concello de Carnota co espectáculo para bebés de O Quebranoces.

Síguenos en facebook

Síguenos en Instagram

Síguenos en Youtube



Ramona, a mosca lambona. Un conto divertido para o Nadal

Tal e como vos dixemos hai uns días, o conto de "Ramona, a mosca lambona" está piques de chegar ás librerías colaboradoras. Se estades a buscar un conto divertido para agasallar este Nadal, botadelle un ollo a Ramona que seguro vos vai gustar!.



Sabes que comen as moscas?
Puaj! comen moitas porcalladas!
E ademáis, á mosca Ramona
gustalle moito papar
e come todo o día sen parar.
O luns, o martes, o mércores...
as ricas "larpeiradas" de mosca
vanlle causar problemas a Ramona.
Queres saber o que vai acontecer?

Síguenos en FacebookInstagram ou Youtube


Musicreques está de celebración

Estes días Musicreques quere festexar dúas boas novas. 

A primeira cousa que estamos a celebrar é que a andanza da nosa compañía de música e monicreques cumpre xa oito anos dende a súa formación. Oito anos de moitas alegrías percorrendo a xerografía galega cos nosos espectáculos de monicreques e contacontos, tocando para a cativada unha morea de música ao piano dos grandes compositores clásicos, como Chopin, Mozart, Debussy, Tchaikovsky, Dvorak, etc..., cantando e bailando coas crianzas, compartindo as nosas historias e os nosos contos e, o que é o mais importante, gozando da ledicia dos nenos e nenas cando actuamos para eles. 

A segunda cousa que queremos compartir convosco e que é un gran motivo de celebración para nós, é que Musicreques está a piques de publicar outro conto. "Ramona, a mosca lambona", que tanto gusta á rapazada e a quen lle temos tanto agarimo, vai estar moi pronto dispoñible nos habituais puntos de venda. Esperamos que gocedes da divertida historia e das fermosas ilustracións de Loreto e Alma.

Co gallo destas dúas celebracións ocurrírsenos crear un pequeno xornal de novas sobre os protagonistas dos nosos contacontos. Unhas poucas follas para ler e entreter. Esperamos que vos divirtan tanto como a nós.

Éche o que hai (completo)

Síguenos nas nosas contas de FacebookInstagram ou Youtube!



Un conto de Musicreques para contar e para cantar

Xa temos un conto novo en Youtube!

"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que as crianzas poderán ademais coñecer un montón de animas da selva e cantar o pegadizo estribillo.

Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, mais o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate. Serán demasiados animais para esa lanchiña o caberán todos? Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.


Esperamos que vos guste!


Musicreques celebra o día da nai

O pasado domingo quixemos celebrar o día da nai publicando nas nosas redes un video homenaxe ás nais que están connosco e tamén as que, desafortunadamente, xa non están. Fixémolo con moitísimo agarimo empregando a letra da cantiga popular "Miña nai, miña naiciña" e a música ao piano da peza "Mamá" de P. I. Tchaikovski.

Esperamos que vos guste.


Aproveitamos para informarvos de que este próximo sábado tamén subiremos á nosa páxina de youtube un novo conto musical. Será o titulado "A lanchiña do flamenco" no que os rapaciños poderán aprender a contar, recoñecer animais e cantar unha canción. Non volo perdades! 


E se non queres perder ningunha das nosas novidades...