Etiqueta: FRAUTA

  • CÁRMINA BURANA


    No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII. 

    A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.




    Estes poemas medievais formaban a obra titulada “Cármina Burana” que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa “Cancións de Beuern” en latín.

    Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra “Cármina Burana” que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.




    Na clase imos traballar coa Introdución, titulada “Oh Fortuna”, que tamén é a Conclusión da obra.

    Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.








    Aquí tedes a partitura coa melodía. Máis adiante actualizarei o post cos acompañamentos.






  • DANZA MEDIEVAL

    Utilizade novamente a vosa imaxinación, xa sabedes, como fixemos na clase o outro día e trasladádevos á época medieval. 

    Ao mellor atopades alí a un que lle daba moito a iso de viaxar no tempo coa súa imaxinación,  si, si,  Don Quixote!!! Estará danzando con Dulcinea???



    Aquí vos deixo a partitura que atopei no Blog “Ana Music”, e que xa empezamos na clase, para que a estudiedes.





  • O ANDAR MIUDIÑO


    “O andar miudiño” é unha cantiga tradicional galega que o clube de baloncesto “Obradoiro” elixiu como himno do equipo.

    É realmente emocionante cando nos partidos todo o pavillón vibra ao ritmo desta melodía.

    Como o noso cole é un fan do “Obradoiro”, de feito fomos os gañadores das dúas convocatorias do concurso de debuxo do Nadal como o colexio máis participativo, o que nos levou a ser invitados a presenciar dous partidos, este ano imos a aprender a tocar coa frauta esta canción.









  • NA BEIRA



    A cantiga tradicional galega “Na beira”, ou tamén chamada “Na beira do mar”, fai, como tantas outras, referencia a un tema moi cercano a nos, o mar, que actualmente non pasa polos seus mellores momentos. Esperemos que as cousas cambien!!!

    Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.





  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    A obra de Edvard Grieg, “PEER GYNT” está formada por dúas Suites e esta peza é a derradeira da Suite nº 1.

    Representa a entrada de Peer na gruta onde vive o rei da montaña rodeado de monstruos e trolls.



    Ten dous temas que se van alternando e repetindo nun proceso de accelerando e crescendo ata chegar a un fortissimo piú vivo.

    Aquí vos deixo a partitura coa adaptación da melodía para que vaiades practicando. Máis adiante porei a partitura completa con todos os acompañamentos.




    Tamén vos deixo un texto para recitar coa música.

    Con coidado vou a entrar, vou a entrar, vou a entrar. Esta gruta é perigosa, podo esvarar.

    Monstruos, gnomos, duendes, trolls. Duendes, trolls, duendes, trolls. Monstruos, gnomos, duendes, trolls, pronto sairán.