QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!

Deixovos o vídeo coa canción "Que guai" para cantar e tocar. Como xa falamos na clase, podedes utilizar calquera vaso de plástico ou cartón que teñades na casa. Se non tedes vasos usade unha botella de plástico ou outra cousa que se vos ocurra. O importante é tocar tal e como nos indica o vídeo.

Seguro que soará en Vilalonga unha orquestra peculiar!





INTERPRETAMOS "DIN DON"

Para completar o canto de berce "Din don", os nenos de 2º de primaria traballaredes cos nenos de 5 anos.
Os maiores cantaredes e tocaredes con metalófonos, xilófonos, axóuxeres e maracas e os nenos de infantil cantaredes... que o facedes pero que moi ben!.

Clicade na imaxe para aprender a letra da canción.


Esta canción tamén podemos acompañala cun instrumento moi peculiar, un vaso de plástico. 

Pediremos aos Reis Magos que nos traian ese agasallo e cando volvamos das vacacións de Nadal tocarémolos na clase.

Aquí vos deixo o musicograma que vos indicará como acompañar a canción con este instrumento de percusión, por se queredes ir practicando na casa.

Clicade no vaso para ver o musicograma.