Monthly Archives: febrero 2016
Dentro do Repositorio ABALAR da Xunta, podemos atopar recursos interesantes, coma estes dous libros LIM sobre a etapa musical do Barroco e do Clasicismo. Barroco: Este recurso pódese descargar aquí. Clasicismo: Este recurso pódese descargar aquí. O autor desde ODE é Eduardo Soutullo García, e forma parte do seu proxecto: Recursos EDILIM como apoio á asignatura de Música […]
O día 4 de marzo os alumnos de 1º e 2º asistiredes a un espectáculo musical moi divertido titulado "Rodarirrodari".
Contarannos a historia do tranvía Leonardo que facía o traxecto Pontevedra-Marín. Agora o tranvía está nun museo en Lisboa e alí namórase dun bonito tranvía eléctrico que pasa por diante do edificio...
Aquí tedes algunhas fotos de tranvías, dende os máis antigos ata os modernos.
Escoitaremos diferentes cancións, algunhas delas moi coñecidas, o que pasa é que cambiará a letra para adaptarse á historia que nos queren contar.
Déixovos unha pequena mostra dalgunhas delas.
E para rematar imos repasar as normas que debemos cumprir para asistir a un concerto!