Hai que sacarlle partido aos anuncios de TV e aproveitar nas clases aquelo que motiva aos alumnos. En cursos pasados traballamos coa canción "Whatever" de Oasis, que fixo moi popular un anuncio dunha bebida. Foi unha gran experiencia. Este ano, aproveitando a gran calidade das cancións de The Beatles, imos traballar coa canción "All together now", que está sonando noutro anuncio. Penso que será un éxito asegurado, xa vos contarei.
Unha aperta!
O.