Autor: Musicreques

  • Próximas actuacións de Musicreques

    Últimamente, alguns dos nosos seguidores, puxéronse en contacto con nós para saber se iamos vistar as súas localidades, así que aquí vos deixamos a lista dos Concellos onde imos actuar neste último trimestre do ano. Para saber as datas ou se engadimos novas localidades á lista, teredes que esperar a que as vaiamos publicando nas redes, tanto aquí no blog como na nosa páxina de facebook.

    Os Concellos son os seguintes:
    • Coirós
    • Narón
    • Cedeira
    • Monfero
    • Valdoviño
    • Fene
    • Trazo
    • Abegondo
    Nesas localidades faremos espectáculos de monicreques e de contacontos, tanto para cativada maior de tres anos como para bebés.


  • Musicreques no Apego de Ribadeo

    O pasado domingo Musicreques actuou no Concello de Ribadeo, dentro dos programas Apego e Cultura no Camiño, co espectáculo O Quebranoces para bebés. Foi un día moi divertido no que festexamos a nosa volta á actividade con un montón de rapaciños e rapaciñas ribadenses que participaron moi activamente durante todo o conto musical.


    A anécdota que imos compartir convosco foi que partimos de risa cando un dos pequerrechos preferiu coller o xirasol xigante que vedes na foto, cando invitamos aos pequerrechos a bailar o Vals das flores axitando un dos axóuxeres-flor (que temos preparados para ese intre da actuación). Semella que os axóuxeres non eran grandes dabondo para o bebeciño…


  • Musicreques xa está de volta!

    E despois deste verán tan atípico no que unha intervención quirúrxica afastounos dos escenarios, Musicreques xa está por fin de volta!!! E, por suposto, voltamos con moitísimas ganas de levar a maxia da música e os monicreques aos rapaciños da nosa Comunidade Autónoma.

    Os próximos meses teremos varias actuacións na provincia de A Coruña (que xa vos comentaremos), aínda que comenzamos por visitar a provincia de Lugo nun dos Concellos que temos especial agarimo, por ser dos primeiros en contar con nós para divertir aos seus pequerrechos, O Concello de Ribadeo!

    Nesta primeira representación, despois da obrigada pausa do verán, estará adicada aos máis meniños, os bebés, para os que imos levar o noso espectáculo de O Quebranoces dentro do ciclo de Cultura no Camiño e o programa Apego. 


    Verdade que vos apetece asistir á máxica viaxe de Quebranoces coa fantástica música de Tchaikovsky? pois non faltedes! A representación será ás 17:30 no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque,  nº 2) entrada: 3 euros.



  • Impresionante a participación dos escolares no Contacontos Musical

    O pasado mércores 15 e o xoves 16 visitamos dous centros educativos co gallo do día das Letras Galegas para celebrar a nosa língua co espectáculo Contacontos Musical, e alucinamos coa participación dos escolares do Ceip Ponte Carreira do Concello de Frades e do Ceip Oza dos Ríos do Concello Oza-Cesuras. 

    A participación no contacontos por parte dos rapaciños é sempre moi activa, mais nesta ocasión á segunda vez que os rapaces escoitaban unha melodía… xa a estaban a cantar!! Repetiron todo o que lles soaba, respostaron ás preguntas, resolveron as adiviñas e incluso cantaron o que non adoita cantar o público. Que ben o pasamos! 

    O próximo mércores 22 viaxaremos ata Valdoviño para visitar un cole que xa nos ten acollido con agarimo en ocasións anteriores, o Cpi de Atios.


  • Musicreques en Cultura no Camiño

    Musicreques participa no programa “Cultura no Camiño” de Agadic con tres espectáculos de monicreques para público infantil e familiar.

    Hai dous espectáculos para nenos entre 3 e 10 anos Iván e o lobo gris e As aventuras de Quebranoces, e un espectáculo para bebés O Quebranoces. Todos eles con fermosa música de piano interpretada en directo.