O mércores os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto do grupo de percusión Odaiko. Será a primeira vez para vos pero as experiencias previas dos vosos compañeiros sempre foron moi satisfactorias.
O grupo é fantástico e aprenderedes e disfrutaredes moito. O espectáculo que veremos titúlase "Cousas de 4".
Aquí vos deixo diferentes vídeos do grupo para que vaiades entrando en materia.
Ahhh... e botádelle un vistazo ás normas básicas que debemos cumprir cando asistimos a un concerto !!!
A sinfonía nº 9 en re menor, op. 125, coñecida como "Coral" é a última sinfonía do xenial compositor. Foi estreada o 7 de maio de 1824 en Viena. Beethoven compartiu o escenario con outro director xa que él estaba practicamente xordo.
Está dividida en catro movementos e imos centrarnos no 4º, que resultou moi orixinal pola introducción de catro solistas e un coro que cantan acompañados pola orquestra. O tema principal deste movemento é o coñecidísimo "Himno a la alegría" co que imos traballar durante este mes.
O magnífico director Riccardo Muti dirixe á Orquestra Sinfónica de Chicago nunha boísima interpretación da 9ª sinfonía na que podemos ver con moito detalle os diferentes instrumentos.
Xa que é moi longa déixovos aquí onde comezan aqueles fragmentos que escoitaremos na clase, pero quen queira animarse a escoitar máis... adiante!!!..., seguro que vai disfrutar!!!
No minuto 52, 16 segundos comeza o IV movemento.
No minuto 55, 27 segundos comeza, pianissimo, a melodía que xa coñecemos.
No minuto 59, 22 segundos comeza o baixo a cantar e a continuación séguelle o coro.
Agora veremos un Flash Mob en Sabadell onde os músicos sorprenden ás persoas que pasean pola rúa coa súa interpretación.
Outra interpretación máis do 4º movemento da 9ª sinfonía, "O coro máis grande do mundo".
O "Himno a la alegría" foi elixido como himno cando se creou a Unión Europea. Aquí vos deixo unha graciosa interpretación de "Mr Bean" en Alemania.
Fixéronse varias películas sobre a vida de Beethoven. Aquí vos deixo o tráiler de "Copying Beethoven" que conta a historia dunha estudiante do conservatorio que vai traballar como copista de Beethoven. Lembrade que falamos que naquela época as partituras ou se imprimian nas imprentas ou se copiaban a mano, para logo poder vendelas.
Déixovos un enlace a unha páxina moi interesante e completísima sobre a vida de Beethoven. Ademais de ter moitísima información tamén ten actividades interactivas e curiosidades.
Mergullémonos nela e aprenderemos moito sobre o xenial compositor.
O 16 de decembro do ano pasado celebrouse o 245 aniversario do nacemento de Beethoven e Google quixo homenaxealo cun doodle interactivo no que había que ordear diferentes fragmentos de obras moi importantes do compositor, entre elas o 4º movemento da 9ª sinfonía. O doodle xa non está activo pero podemos ver o seguinte vídeo para recordalo.
O día 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Paz e da non Violencia" e como todos os anos cantaremos todos xuntos unha canción conmemorativa.
Este ano aprenderemos o "Himno a la alegría", famosísima canción interpretada por Miguel Ríos.
clicade na foto se queredes acceder á súa web
Miguel Ríos naceu no ano 1944 en Granada e podemos consideralo como un dos pais do rock español.
No 1969 nace o "Himno a la alegría" tras a adaptación musical do 4º movemento da 9ª sinfonía de Beethoven. O tema fíxose tan famoso que traspasou as nosas fronteiras e foi un gran acontecimento musical en moitos paises do planeta. Vendéronse 7 millóns de discos en todo o mundo e chegou a ser número 1 das listas de éxitos en paises como Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido ou Alemania.
Miguel Rios interpreta o "Himno a la alegría" nun concerto en Sevilla no ano 2012.
Neste vídeo tres importantes cantantes do panorama nacional, Ana Belén, Victor Manuel e Joan Manuel Serrat acompañan a Miguel Rios na súa interpretación do "Himno de la alegría".
E agora a nosa interpretación, clicade no debuxo para aprender a letra.
Eduplaneta Musical utiliza cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación, realizar tareas de analítica y mostrar publicidad acorde a sus intereses. Si continúa navegando, entendemos que acepta nuestra Política de Cookies.AceptoReject
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.