TERRA

 


TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.


Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.


Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.


O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.


Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.


O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada "TERRA".


A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.


De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.


Vexamos o vídeo oficial da canción "Terra".



Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.





FRAY SANTIAGO



Imos traballar cunha das cancións infantís máis coñecidas do mundo. 

A súa orixe é francesa, e o nome orixinal é "Frére Jacques".

Aquí coñecémola como "Fray Santiago" ou tamén como "Campaneiro".

Esta melodía pode tocarse como un CANON.

O CANON é unha composición musical formada por dúas ou máis voces que van entrando unha despois de outra, interpretando todas a mesma melodía.

Vexamos estes vídeos para familiarizarnos coa melodía.








Aquí temos a partitura.




No seguinte vídeo veremos un musicograma co que acompañaremos, con instrumentos rítmicos, a melodía.



Con estes vídeos tocaremos cos tubos afinados e coas campás.





 Para rematar, tocaremos a canción con metalófonos e campás.

IMOS ALÓ!

OUTONO

Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.

O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.


Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Escoitamos o 3º movemento de "Outono".


Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.

Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.





Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.




WE WILL ROCK YOU

 


"We will rock you" é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.

Esta canción é mundialmente coñecida polo seu ritmo pegadizo e escoitase con frecuencia nos estadios nos que se desenvolven competicións deportivas.

Imos acompañar a canción seguindo o musicograma.


Aquí temos a partitura do estribillo.



A TOCAR!