Próxima actuación de Musicreques no Odeón

O sábado deste próximo fin de semana Musicreques actuará no Centro Comercial Odeón, de Narón.

O público asistente poderá gozar dos Contacontos Musicais ás 18:00. A entrada é de balde e esperamos que tódo-los asistentes o pasen fenomenal.

Aqui tedes unha mostra do espectáculo:


Musicreques no Carballiño

Onte actuamos no Auditorio Municipal de O Carballiño, dentro das actividades da Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. Representamos os Contacontos musicais adaptados ao entroido, coa visita do gorila Martiño e divertidas adiviñas que gustaron moito aos rapaciños.

Todo saiu estupendamente e pasámolo pipa. Ademáis, logo fumos gozar do marabilloso polbo á feira e claro, estaba para chupar os dedos!! Esperamos volver de novo con outro dos nosos espectáculos!

Moitas grazas a Celia e a Xulia! Unha aperta

Aquí vos deixamos algunhas fotos de onte.





A seguinte actuación será o próximo sábado 9 de marzo ás 18:00 no Centro Comercial Odeón, en Narón.  


O conto de “A tola de Lola” en Youtube

Como sabedes, o conto de ” A tola de Lola” é un dos contos de Musicreques pertencente ao espectáculo de Contacontos Musicais. Témolo á venta nas librerías Áncora e Ferreiros de Pontedeume e no Bieiteiro de Abegondo. Se vos interesa e aínda non o tedes impreso en papel, podedes conseguilo nestas librerías ou tamén facernos un pedido directamente a nós xa que, se o precisades, o enviamos a domicilio.
Hoxe estamos moi contentas de poder comunicarvos que podedes tamén agora gozar do conto de Lola coa mesma música e narración oral que facemos no contacontos. O único que tedes que facer é visitar a nosa canle de Youtube ou directamente neste post. 
“A tola de Lola” é un conto orixinal de Musicreques, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán. Trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, mais non sempre as súas eleccións son as mellores opcións…
Un divertido conto no que se tratan temas como o respeto aos que son diferentes, a importancia de valorar aos demais polo que fan aínda que non sempre as cousas saian como un quere, e o valor de ser quen un es maila que non sexa o que os demais esperan del. 

Os Contacontos Musicais nos colexios de Ferrolterra

Este mes de febreiro os Contacontos Musicais de Musicreques tamén teñen cita nos coles de Ferrol e Narón. 

O venres 15 visitaremos o Ceip A Laxe onde actuaremos para aproximadamente 60 escolares de infantil e primaria. Esta actuación enmárcase dentro do programa de dinamización da música e a lectura que facemos conxuntamente co CMUS Xan Viaño de Ferrol.


O mércores 20 achegarémonos ata Narón, ao Ceip A Solaina onde volveremos a contar os nosos contos aos raparigos e raparigas da comarca de Ferrolterra. 

Os Contacontos de Musicreques en Ler Conta moito

Neste ano 2019, Musicreques volve a participar no programa "Ler conta moito" de dinamización da lectura, das Bibliotecas públicas integradas en la Red de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Participamos con dous Contacontos diferentes:



Os dous contacontos caracterízanse por misturar a narración oral coa interpretación de música en directo, ademáis de monicreques, cancións, rimas e ilustracións. Todo elo para facer dos contos algo no que os rapaces poidan participar activamente. Estos espectáculos son aptos para ser representados tanto en espazos de interior como en exteriores. 

Os contos, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán, están pensados co obxectivo de entreter, divertir, soñar, educar e reflexionar, para público infantil e familiar e adaptados ás distintas idades.