O MONSTRO DE CORES

CHEGOU A REVOLUCIÓN !

A biblioteca do cole está en proceso de cambio. Imos facer a biblioteca que queremos!

En todas as clases estades aportando ideas sobre como vos gustaría que fora, a partires deste curso, a biblioteca do colexio.

Pronto haberá unha asemblea de delegados e subdelegados para tomar acordos sobre os cambios que levaremos a cabo, partindo das vosas aportacións.

Na clase de música faremos un conto para que estea sempre na biblioteca, pero non será un conto calquera, será un CONTO MUSICAL.

E xa que estamos en plena revolución de sentimentos, porque Inzilbeth, a nosa queridiña mascota, tivo que marchar repentinamente, que mellor conto que "O MONSTRO DE CORES".

Os alumnos de 3º curso faredes unha versión musicada dese fantástico conto.

Teredes que escribir as partituras, escribir o conto en papel, interpretar o conto cos instrumentos e gravalo para que todo forme parte da nova biblioteca. 

Pasarémolo moi ben pero teremos moito traballo!

Empezamos con algunha información sobre o conto.

Agora premede no debuxo e repasaremos as diferentes cores!

Nun próximo post explicarei como vos organizaredes para facer este traballo.